Unha cita que reúne tódolos instrumentos para xerar oportunidades comerciais
Experiencia e capacidade para adaptarse ás necesidades actuais do sector únense en Salimat Abanca 2018. E fano creando unha plataforma comercial cos elementos necesarios para estimular a interacción e o negocio:
- O atractivo dunha área expositiva onde mandarán a calidade e a innovación.
- O interese dun variado programa de actividades que dinamizará o salón.
- A recoñecida eficacia do seu Programa Internacional de Compradores.
- A súa dobre orientación, para chegar tanto a profesionais como a público xeral.
Dende pequenos produtores á gran distribución, a mellor fusión
Salimat Abanca conforma un auténtico escaparate de produtos artesáns, gourmet, ecolóxicos e innovadores. Un espazo de presentación idóneo que ademais permite ás empresas testar as súas propostas.
A esta rechamante oferta únese a gran distribución, cada vez máis presente no salón co obxectivo de chegar ao público final e tamén buscar produtos para os lineais dos seus centros.
Unha interesante exposición que se segue potenciando e que terá un complemento perfecto: unha ampla programación para poñer en común e divulgar, coa área de produtos innovadores Alinova, catas, showcookings, talleres ...