{"id":1655,"date":"2022-03-16T15:28:35","date_gmt":"2022-03-16T15:28:35","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sedexpo.com\/a-asociacion-europea-de-profesionais-para-o-conecemento-e-regulacion-de-actividades-de-seguridade-cidada-nov-entidade-colaboradora-de-sedexpo\/"},"modified":"2022-04-21T16:37:27","modified_gmt":"2022-04-21T16:37:27","slug":"a-asociacion-europea-de-profesionais-para-o-conecemento-e-regulacion-de-actividades-de-seguridade-cidada-nov-entidade-colaboradora-de-sedexpo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.salimat.es\/2022\/gl\/a-asociacion-europea-de-profesionais-para-o-conecemento-e-regulacion-de-actividades-de-seguridade-cidada-nov-entidade-colaboradora-de-sedexpo\/","title":{"rendered":"Salimat Abanca e o Cl\u00faster Alimentario de Galicia renovan o seu acordo para potenciar os Encontros de Compradores do sal\u00f3n"},"content":{"rendered":"
O director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Dur\u00e1n, e o xerente do Cl\u00faster Alimentario de Galicia (Clusaga), Roberto Alonso, volveron renovar onte o acordo que ambas entidades mante\u00f1en desde decembro de 2015 e que xa ratificaran en varias ocasi\u00f3ns co obxectivo de unir forzas para incrementar a capacidade de negocio dos participantes no Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, SALIMAT ABANCA, e potenciar os seus Encontros Internacionais de Compradores.<\/p>\n
Con esta renovaci\u00f3n, que tivo lugar nas instalaci\u00f3ns do Cl\u00faster en Santiago de Compostela, d\u00e1se continuidade a ese esforzo conxunto que pretende seguir reforzando o certame na s\u00faa pr\u00f3xima edici\u00f3n, a cal ter\u00e1 lugar do 2 ao 5 de xu\u00f1o. As\u00ed, en virtude deste convenio Clusaga dirixir\u00e1 de novo a organizaci\u00f3n dos Encontros de Compradores do sal\u00f3n, achegando a s\u00faa experiencia para seleccionar aqueles importadores m\u00e1is importantes dos pa\u00edses con maior interese para a oferta alimentaria presente na feira. <\/p>\n
Deste xeito, o acordo, que ten permitido incrementar notablemente a calidade dos compradores participantes nos Encontros, volver\u00e1 maximizar en Salimat Abanca 2022 a efectividade destas mesas de negocio. Uns encontros que en 2019, \u00faltima edici\u00f3n previa \u00e1 pandemia, reuniran a 29 compradores de 17 pa\u00edses, e en 2021, a pesar da situaci\u00f3n sanitaria, superaron expectativas con 18 compradores de 8 pa\u00edses. <\/p>\n
As\u00ed mesmo, tras a boa experiencia das pasadas edici\u00f3ns, o Cl\u00faster dese\u00f1ar\u00e1 unha vez m\u00e1is no marco dos Encontros unha axenda de visitas a f\u00e1bricas. Nelas os compradores co\u00f1ecer\u00e1n de primeira man os centros de produci\u00f3n de diversas empresas alimentarias galegas. <\/p>\n
Cl\u00faster Alimentario de Galicia<\/strong><\/p>\n Clusaga, centrado nun dos sectores estrat\u00e9xicos da Comunidade, agrupa aos principais axentes da cadea de valor dos alimentos e as bebidas, co obxectivo de contribu\u00edr ao fortalecemento, potenciaci\u00f3n, crecemento sostible, internacionalizaci\u00f3n e mellora da competitividade do sector en Galicia.<\/p>\n Entre os seus 132 socios at\u00f3pase a Feira Internacional de Galicia ABANCA, organizadora de Salimat Abanca, a cal forma parte do Cl\u00faster desde marzo de 2020.<\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" O CONVENIO, QUE SE MANT\u00c9N DENDE DECEMBRO DE 2015, TEN PERMITIDO AO CERTAME INCREMENTAR NOTABLEMENTE A CALIDADE DOS SEUS IMPORTADORES O SAL\u00d3N DE ALIMENTACI\u00d3N DO ATL\u00c1NTICO CELEBRAR\u00c1 A S\u00daA 25\u00ba EDICI\u00d3N DO 2 AO 5 DE XU\u00d1O NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA O director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Dur\u00e1n, e o … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1932,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n