{"id":2048,"date":"2022-04-05T15:45:34","date_gmt":"2022-04-05T15:45:34","guid":{"rendered":"https:\/\/www.salimat.es\/2022\/o-salon-salimat-abanca-2022-continua-a-sua-promocion-en-eventos-do-sector-participando-en-alimentaria\/"},"modified":"2022-04-21T15:48:20","modified_gmt":"2022-04-21T15:48:20","slug":"o-salon-salimat-abanca-2022-continua-a-sua-promocion-en-eventos-do-sector-participando-en-alimentaria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.salimat.es\/2022\/gl\/o-salon-salimat-abanca-2022-continua-a-sua-promocion-en-eventos-do-sector-participando-en-alimentaria\/","title":{"rendered":"O sal\u00f3n Salimat Abanca 2022 contin\u00faa a s\u00faa promoci\u00f3n en eventos do sector participando en Alimentaria"},"content":{"rendered":"
A Feira Internacional de Galicia ABANCA contin\u00faa promocionando o seu Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca, en citas do sector. As\u00ed, estes d\u00edas faio no certame Alimentaria, o cal se celebra desde onte ata o vindeiro xoves d\u00eda 7 de abril en Barcelona. <\/p>\n
A entidade feiral conta cun stand neste evento internacional de referencia para todos os profesionais da industria da alimentaci\u00f3n, bebidas e food service. Neste espazo est\u00e1 a darse a co\u00f1ecer a 25\u00aa edici\u00f3n de Salimat Abanca, a cal volver\u00e1 converterse en espazo de converxencia do sector alimentario e gastron\u00f3mico a trav\u00e9s dunha atractiva exposici\u00f3n e unha ampla programaci\u00f3n na que destacar\u00e1n os Encontros Internacionais de Compradores, ademais de showcookings, catas, presentaci\u00f3ns e o seu espazo de innovaci\u00f3n Alinova. Celebrarase do 2 ao 5 de xu\u00f1o no marco da 44\u00aa Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. <\/p>\n
En Alimentaria est\u00e1 presente un equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA encabezado polo seu director, Ricardo Dur\u00e1n, o cal non s\u00f3 atende aos visitantes que acoden a Alimentaria, sen\u00f3n que est\u00e1 a realizar visitas a moitos dos expositores presentes para darlles a co\u00f1ecer a pr\u00f3xima edici\u00f3n deste sal\u00f3n.<\/p>\n
M\u00e1is do 50% dos seus novos expositores, do traballo en feiras<\/strong><\/p>\n A Feira Internacional de Galicia ABANCA, co\u00f1ecedora da efectividade da participaci\u00f3n en certames pola s\u00faa condici\u00f3n de entidade feiral, recomenda esta ferramenta de promoci\u00f3n aos seus clientes, pero tam\u00e9n lle concedeu nos \u00faltimos anos gran valor para sumar expositores nas s\u00faas propias feiras.<\/p>\n As\u00ed, o esforzo que realiza a entidade para estar presente en eventos, tanto a trav\u00e9s de visitas como de participaci\u00f3n con stand, demostrou unha gran eficacia, sendo esencial no crecemento das feiras do recinto e unha das principais fontes de expositores. Respecto a Salimat Abanca, dende 2013 ata 2019 (\u00faltimo ano previo \u00e1 pandemia) o sal\u00f3n duplicou os seus expositores directos. Deste crecemento do 100% destaca que m\u00e1is da metade destes novos expositores procede dos contactos e o labor comercial realizado noutras feiras do sector. <\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" EST\u00c1 PRESENTE CUN STAND NESTA CITA INTERNACIONAL, A CAL SE CELEBRA DENDE ONTE ATA O XOVES EN BARCELONA A PARTICIPACI\u00d3N EN FEIRAS TENSE CONVERTIDO NUNHA FERRAMENTA ESENCIAL PARA SUMAR EXPOSITORES NESTE CERTAME A Feira Internacional de Galicia ABANCA contin\u00faa promocionando o seu Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca, en citas do sector. As\u00ed, estes … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1976,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n