{"id":2128,"date":"2022-04-26T16:08:45","date_gmt":"2022-04-26T16:08:45","guid":{"rendered":"https:\/\/www.salimat.es\/2022\/a-feira-salimat-abanca-2022-intensifica-a-sua-promocion-participando-na-cita-alimentaria-gourmets\/"},"modified":"2022-04-26T16:13:54","modified_gmt":"2022-04-26T16:13:54","slug":"a-feira-salimat-abanca-2022-intensifica-a-sua-promocion-participando-na-cita-alimentaria-gourmets","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.salimat.es\/2022\/gl\/a-feira-salimat-abanca-2022-intensifica-a-sua-promocion-participando-na-cita-alimentaria-gourmets\/","title":{"rendered":"A feira Salimat Abanca 2022 intensifica a s\u00faa promoci\u00f3n participando na cita alimentaria Gourmets"},"content":{"rendered":"
A Feira Internacional de Galicia ABANCA contin\u00faa apostando pola presenza noutros eventos para dar a co\u00f1ecer os seus certames, entre eles o Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico, Salimat Abanca.<\/p>\n
As\u00ed, esta cita est\u00e1 a darse a co\u00f1ecer entre os expositores e visitantes do sal\u00f3n Gourmets, o cal celebra a s\u00faa 35\u00aa edici\u00f3n desde onte e ata o vindeiro xoves en Madrid.<\/p>\n
A feira acode a este evento baixo o paraugas da Xunta de Galicia, dispo\u00f1endo dun espazo no stand que a Conseller\u00eda do Medio Rural ten neste certame e no que participan outras 28 empresas do sector agroalimentario. Unha presenza expositiva \u00e1 que suman outras 18 entidades da cadea mar-industria no stand do que disp\u00f3n a Conseller\u00eda do Mar en Gourmets.<\/p>\n
No seu espazo, Salimat Abanca, est\u00e1 a dar a co\u00f1ecer a s\u00faa 25\u00aa edici\u00f3n, a cal volver\u00e1 converterse en punto de encontro do sector alimentario e gastron\u00f3mico a trav\u00e9s dunha atractiva exposici\u00f3n e unha ampla programaci\u00f3n na que destacar\u00e1n os Encontros Internacionais de Compradores, ademais de showcookings, catas, presentaci\u00f3ns e o seu espazo de innovaci\u00f3n Alinova. Celebrarase do 2 ao 5 de xu\u00f1o no marco da 44\u00aa Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.<\/p>\n
Ademais, en Gourmets est\u00e1 presente un equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA, de novo encabezado polo seu director, Ricardo Dur\u00e1n, o cal non s\u00f3 atende aos visitantes, sen\u00f3n que est\u00e1 a realizar visitas a moitos dos expositores presentes para darlles a co\u00f1ecer a pr\u00f3xima edici\u00f3n deste sal\u00f3n.<\/p>\n
Notable difusi\u00f3n <\/strong><\/p>\n A pouco m\u00e1is dun mes para a s\u00faa celebraci\u00f3n, Salimat Abanca est\u00e1 a realizar unha importante promoci\u00f3n da s\u00faa vindeira cita, a cal ademais desta presenza en Gourmets incl\u00fae tanto soportes propios da Feira Internacional de Galicia ABANCA como medios enmarcados no sector alimentario.<\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" EST\u00c1 PRESENTE BAIXO O PARAUGAS DA XUNTA DE GALICIA, CUN ESPAZO NO STAND QUE A CONSELLER\u00cdA DO MEDIO RURAL TEN NESTE CERTAME O SAL\u00d3N DE ALIMENTACI\u00d3N DO ATL\u00c1NTICO, QUE TENDR\u00c1 LUGAR DO 2 AO 5 DE XU\u00d1O, SEGUE APOSTANDO POLA S\u00daA PROMOCI\u00d3N NOUTROS EVENTOS A Feira Internacional de Galicia ABANCA contin\u00faa apostando pola presenza noutros … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2112,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n