{"id":2174,"date":"2022-05-20T10:36:01","date_gmt":"2022-05-20T10:36:01","guid":{"rendered":"https:\/\/www.salimat.es\/2022\/salimat-abanca-refuerza-sus-mesas-de-negocio-28-distribuidores-alimentarios-de-17-paises-buscaran-productos-en-la-feria\/"},"modified":"2022-05-20T10:39:50","modified_gmt":"2022-05-20T10:39:50","slug":"salimat-abanca-refuerza-sus-mesas-de-negocio-28-distribuidores-alimentarios-de-17-paises-buscaran-productos-en-la-feria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.salimat.es\/2022\/gl\/salimat-abanca-refuerza-sus-mesas-de-negocio-28-distribuidores-alimentarios-de-17-paises-buscaran-productos-en-la-feria\/","title":{"rendered":"Salimat Abanca reforza as s\u00faas mesas de negocio: 28 distribuidores alimentarios de 17 pa\u00edses buscar\u00e1n produtos na feira"},"content":{"rendered":"
O Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico,\u00a0 Salimat Abanca, o cal celebrar\u00e1 a s\u00faa 25\u00aa edici\u00f3n do 2 ao 5 de xu\u00f1o xunto \u00e1 feira Abanca Semana Verde, volver\u00e1 contar no seu programa cos Encontros Internacionais de Compradores, un espazo de negocio que facilita \u00e1s empresas presentes no certame a apertura de novos mercados, tanto en Espa\u00f1a como noutros pa\u00edses.<\/p>\n
O sal\u00f3n volve reforzar estas mesas de negocio e dar\u00e1 aos seus expositores a oportunidade de mostrar os seus produtos a 28 importadores e distribuidores alimentarios de dezasete pa\u00edses, como son Alema\u00f1a, Cabo Verde, Canad\u00e1, China, Dinamarca, Espa\u00f1a, Francia, Holanda, Irlanda, Italia, Lituania, Noruega, Portugal, Reino Unido, Rep\u00fablica Checa, Suecia e Su\u00edza.<\/p>\n
Destes participantes, 23 son importadores, entre eles compradores de varios pa\u00edses con m\u00e1is de 20 anos de experiencia, unha\u00a0 empresa\u00a0 caboverdiana que opera desde 1983 ou grandes compa\u00f1\u00edas, como unha francesa con m\u00e1is de 200 socios provedores e unha chinesa con m\u00e1is de 30 tendas repartidas entre Hong Kong,\u00a0 Shangh\u00e1i e Taiwan. Os restantes, un total de 5, son compradores nacionais, correspond\u00e9ndose con dous distribuidores e con tres cadeas de distribuci\u00f3n alimentaria espa\u00f1olas ou con presenza no pa\u00eds como son\u00a0 Carrefour,\u00a0 Gadisa e El Corte Ingl\u00e9s.<\/p>\n
Produtos gourmet, ecol\u00f3xicos e artes\u00e1ns<\/strong><\/p><\/blockquote>\n
Os compradores presentes nesta edici\u00f3n destacaron na s\u00faa inmensa maior\u00eda a s\u00faa preferencia en co\u00f1ecer produtos\u00a0 gourmet, ecol\u00f3xicos e de pequenos produtores. Xa de forma m\u00e1is espec\u00edfica, a\u00ednda que hai gran interese por gran diversidade de produtos, destacan os aceites, vi\u00f1os e outras bebidas alcoh\u00f3licas, queixos e outros l\u00e1cteos, conservas, elaborados c\u00e1rnicos,\u00a0 snacks ou mel.<\/p>\n
Ademais de participar nas reuni\u00f3ns, os compradores visitar\u00e1n slg\u00fans stands, entre eles o da\u00a0 Axencia\u00a0 Galega de\u00a0 Calidade Alimentaria (AGACAL), no que co\u00f1ecer\u00e1n e degustar\u00e1n produtos galegos.<\/p>\n
Estes Encontros Internacionais de Compradores de Salimat Abanca 2022, os cales contan co apoio do Instituto\u00a0 Galego de Promoci\u00f3n Econ\u00f3mica (IGAPE) e a colaboraci\u00f3n do Cl\u00faster Alimentario de Galicia (Clusaga), posibilitar\u00e1n \u00e1s empresas presentar directamente os seus produtos aos compradores a trav\u00e9s de reuni\u00f3ns\u00a0 axendadas en funci\u00f3n dos intereses de ambas as partes. Estas ser\u00e1n durante todo o primeiro d\u00eda e ata o medio d\u00eda da segunda xornada do certame.<\/p>\n
Conv\u00e9rtense as\u00ed nunha eficaz ferramenta comercial, especialmente para a pequena e mediana empresa, a cal ten a posibilidade de que as s\u00faas propostas sexan inclu\u00eddas na carteira de produtos dos compradores e os lineais da gran distribuci\u00f3n.<\/p>\n
Visitas a empresas<\/strong><\/p><\/blockquote>\n
\u00a0<\/em><\/strong>Ademais das reuni\u00f3ns de negocio, os Encontros Internacionais de Compradores incluir\u00e1n o d\u00eda anterior, 1 de xu\u00f1o, unha actividade na que participar\u00e1n a maior\u00eda de importadores e distribuidores. Esta consistir\u00e1 en visitas a varias empresas galegas de diversos sectores, ademais dunha degustaci\u00f3n na adega V\u00eda Romana, da denominaci\u00f3n de orixe Ribeira Sacra, onde probar\u00e1n tanto os seus vi\u00f1os como produtos da empresa de elaboraci\u00f3n de c\u00e1rnicos Torre de N\u00fa\u00f1ez.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
OS EXPOSITORES DO SAL\u00d3N REUNIRANSE CON ESTES COMPRADORES DURANTE O PRIMEIRO D\u00cdA E MEDIO DO CERTAME, O CAL SE CELEBRAR\u00c1 DO 2 AO 5 DE XU\u00d1O XUNTO \u00c1 FEIRA ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA O Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico,\u00a0 Salimat Abanca, o cal celebrar\u00e1 a s\u00faa 25\u00aa edici\u00f3n do 2 ao 5 de xu\u00f1o … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2172,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n
Salimat Abanca reforza as s\u00faas mesas de negocio: 28 distribuidores alimentarios de 17 pa\u00edses buscar\u00e1n produtos na feira - Feria Salimat Abanca 2022<\/title>\n\n\n\n\n\n\n\n\n\n\n\n\n\n\t\n\t\n\t\n\n\n\n\n\t\n\t\n\t\n