{"id":2245,"date":"2022-05-25T09:57:32","date_gmt":"2022-05-25T09:57:32","guid":{"rendered":"https:\/\/www.salimat.es\/2022\/chocolate-con-chorizo-helado-sabor-mostaza-o-salchichon-con-setas-entre-las-80-innovaciones-alimentarias-de-salimat-abanca\/"},"modified":"2022-05-25T10:00:11","modified_gmt":"2022-05-25T10:00:11","slug":"chocolate-con-chorizo-helado-sabor-mostaza-o-salchichon-con-setas-entre-las-80-innovaciones-alimentarias-de-salimat-abanca","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.salimat.es\/2022\/gl\/chocolate-con-chorizo-helado-sabor-mostaza-o-salchichon-con-setas-entre-las-80-innovaciones-alimentarias-de-salimat-abanca\/","title":{"rendered":"Chocolate con chourizo, xeado sabor mostaza ou salchich\u00f3n con cogomelos, entre as 80 innovaci\u00f3ns alimentarias de Salimat Abanca"},"content":{"rendered":"
O 25\u00ba Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico,\u00a0 Salimat Abanca 2022, o cal se celebrar\u00e1 do 2 ao 5 de xu\u00f1o de forma paralela \u00e1 Feira Internacional Abanca Semana Verde, contar\u00e1 na s\u00faa \u00e1rea\u00a0 Alinova con 80 innovadores produtos alimentarios.<\/p>\n
Esta zona dedicada \u00e1s novidades ser\u00e1 un importante escaparate para os expositores ante o consumidor final e tam\u00e9n os profesionais do sector. Ademais, as empresas fabricantes mostrar\u00e1n estes produtos nos seus stands.<\/p>\n
Nesta edici\u00f3n, en\u00a0 Alinova estar\u00e1n moi presentes os produtos doces, como chocolates 70% con\u00a0 pigmentaci\u00f3n natural rosa e chocolates 75% con chourizo ou xam\u00f3n, galletas ecol\u00f3xicas de nata, novos bocados de noz e arandos, estoxos de\u00a0 bomb\u00f3ns que combinan cinco tipos de chocolate, doce de leite galego artesanal,\u00a0 alfajores<\/em> artes\u00e1ns de am\u00e9ndoas,\u00a0 empanadillas de cabelo de anxo, cremas de mel, novas variedades de pastas tradicionais, pastel de follado recheo de crema de chocolate con abel\u00e1s, follados de Astorga \u00fanicos por non levar azucres engadidos, xemas\u00a0 trufadas, galletas con fari\u00f1a de casta\u00f1a,\u00a0 bica de casta\u00f1a ou marmelada de flor de sabugueiro.<\/p>\n Tam\u00e9n destacar\u00e1n as bebidas, como vi\u00f1o de variedade\u00a0 espadeiro, novos albari\u00f1os e\u00a0 godellos, vi\u00f1os doces elaborados con \u00a0verdejo<\/em>,\u00a0 gin\u00a0 premium\u00a0 tridestilado con once bot\u00e1nicos diferentes, cervexa ecol\u00f3xica sen alcol negra ou elaborada con ingredientes 100% galegos, novos licores, zume concentrado de sabugueiro, vi\u00f1os da primeira adega galega que obtivo o certificado de vi\u00f1o vegano, refrescos alcoh\u00f3licos a partir da fermentaci\u00f3n de azucre de cana, cava\u00a0 gourmet ou hidromel.<\/p>\n Tam\u00e9n se mostrar\u00e1n numerosas conservas, como mexill\u00f3ns fritos en aceite de oliva virxe extra,\u00a0 pat\u00e9 de bonito con\u00a0 trufa negra e\u00a0 alcachofas, de centola con mexill\u00f3ns ecol\u00f3xicos ou de bacallau con maz\u00e1 confeitada, unha crema\u00a0 de pementos e casta\u00f1as ou petisco de queixo de ovella rodeado con chacina mergullados en aceite.<\/p>\n En canto aos aceites, haber\u00e1 un oliva virxe extra ecol\u00f3xico de recolecci\u00f3n temper\u00e1 de alta monta\u00f1a e outro con aroma a\u00a0 tomateira e folla de oliveira, aceites galardoados ou reco\u00f1ecidos internacionalmente polo seu aroma e sabor, procedentes de Agricultura de Produci\u00f3n Integrada ou a primeira marca de virxe extra rexistrada en apoio ao colectivo\u00a0 LGTBIQ+.<\/p>\n Tam\u00e9n ter\u00e1n presenza os c\u00e1rnicos e embutidos, podendo descubrir\u00a0 salchich\u00f3n con\u00a0 pistachos ou cogomelos, novas chacinas,\u00a0 sobrasada artesanal ou elaborada exclusivamente con pemento DOP La Vera ou lombo de porco de campo perfecto para tapas selectas. E non faltar\u00e1n os l\u00e1cteos, como queixos crema con\u00a0 trufa negra, de cabra confeitados con sabores especiais ou variedades con estrugas, noces e arandos.<\/p>\n Por outra banda, atoparanse produtos como xeados ecol\u00f3xicos e tam\u00e9n xeados artes\u00e1ns sabor mostaza ou queixo azul, pan certificado Pan\u00a0 Galego con masa nai e trigo aut\u00f3ctono Caaveiro ou un\u00a0 supercondimento a base de auga de mar, vinagre de maz\u00e1,\u00a0 sirope de\u00a0 agave e froitas. Sumaranse os primeiros caldos tanto naturais de verza envasado en\u00a0 brik como de ave da raza\u00a0 Gali\u00f1a de Mos, pratos elaborados veganos, caf\u00e9 coado en fr\u00edo, conxelado de\u00a0 volandeira \u00e1 galega, hamburguesas\u00a0 premium veganas elaboradas con\u00a0 mini vexetais ou salsas, como unha picante de\u00a0 jalape\u00f1o<\/em> maduro 100% natural e outra de\u00a0 trufa e allo negro.<\/p>\n M\u00e1is de 60 empresas<\/strong><\/p>\n Ser\u00e1n m\u00e1s de 60 as empresas que expor\u00e1n produtos exclusivos producidos nas s\u00faas instalaci\u00f3ns, moitos dos cales ser\u00e1n presentados por primeira vez ao mercado en Salimat Abanca 2022.<\/p>\n Estas compa\u00f1\u00edas lanzan as s\u00faas novidades baixo as marcas The Bio Factory, Aboamigalla, Terra de Asorei ‘Espadeiro’, Agrisanz, Aneto Natural, Arte Oleum, Os Areeiros, Atlancitc Xeltzer, Vi\u00f1a Abad Summum, Bodega Solotero, Media Vuelta, Antojo, 500 Noches, Bodegosa, Capit\u00e1n Alga, C\u00e1rnicas Ort\u00edn, C\u00e1rnicas Tavito, Celebridade Galega, Chocolates Santocildes, Churras da Caneira Avicultura Artesanal, Coffee Labora, El Henazar, Monteoliva Oro, Bico de Xeado, Devegan Premium, F.R.A. Molino Don F\u00e9lix, Cavas Hill Panot Gaudi, Frigor\u00edficos Mar da Pobra, Gallegas de Nata, Galletas Xianas, La Parcela, Oh! Early Harvest, Hidromel Fenrir Galicia, Toupi\u00f1a, La Alcanc\u00eda, La Fragua, Dulce de Leche \u201cCasa Baltar\u201d, Los Sabores del Camino, Siccas, Manjares de la Tierra, Mantecados La Joya de Antequera, Marcelino Ib\u00e9ricos, Miel de Le\u00f3n, Makarpy, Ornal, Nazar\u00e9 Hojaldrer\u00eda, A Troula de Asolagados, Milagritos, Aceite La Masada Roya, Queser\u00eda Gaia, Queixos A Monta\u00f1a de Entrimo, La Curiosa, Reino de Le\u00f3n, Rodi Gourmet, Oro Magnasur, Virrey, Birurim-Sierra las Villas, Doctor Salsas, Sofragal, La Laguna BIB 3L, Carabu\u00f1as, V\u00eda Romana e Zuheroliva Orgullosa.<\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" AMOSARANSE NA \u00c1REA DE NOVOS PRODUTOS ALINOVA, A CAL PODE VERSE DURANTE TODOS LS D\u00cdAS DESTE SAL\u00d3N, DO 2 AO 5 DE XU\u00d1O O 25\u00ba Sal\u00f3n de Alimentaci\u00f3n do Atl\u00e1ntico,\u00a0 Salimat Abanca 2022, o cal se celebrar\u00e1 do 2 ao 5 de xu\u00f1o de forma paralela \u00e1 Feira Internacional Abanca Semana Verde, contar\u00e1 na s\u00faa … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2241,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"acf":[],"yoast_head":"\n