Warning: Declaration of ElementorPro\Modules\Payments\Classes\Payment_Button::render_button($tag = 'a') should be compatible with Elementor\Widget_Button::render_button(Elementor\Widget_Base $instance = NULL) in /home/s08aa0d9/public_html/salimat.es/2022/wp-content/plugins/elementor-pro/modules/payments/classes/payment-button.php on line 16
Salimat Abanca reforza as súas mesas de negocio: 28 distribuidores alimentarios de 17 países buscarán produtos na feira - Feria Salimat Abanca 2022

Salimat Abanca reforza as súas mesas de negocio: 28 distribuidores alimentarios de 17 países buscarán produtos na feira

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
  • OS EXPOSITORES DO SALÓN REUNIRANSE CON ESTES COMPRADORES DURANTE O PRIMEIRO DÍA E MEDIO DO CERTAME, O CAL SE CELEBRARÁ DO 2 AO 5 DE XUÑO XUNTO Á FEIRA ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA

O Salón de Alimentación do Atlántico,  Salimat Abanca, o cal celebrará a súa 25ª edición do 2 ao 5 de xuño xunto á feira Abanca Semana Verde, volverá contar no seu programa cos Encontros Internacionais de Compradores, un espazo de negocio que facilita ás empresas presentes no certame a apertura de novos mercados, tanto en España como noutros países.

O salón volve reforzar estas mesas de negocio e dará aos seus expositores a oportunidade de mostrar os seus produtos a 28 importadores e distribuidores alimentarios de dezasete países, como son Alemaña, Cabo Verde, Canadá, China, Dinamarca, España, Francia, Holanda, Irlanda, Italia, Lituania, Noruega, Portugal, Reino Unido, República Checa, Suecia e Suíza.

Destes participantes, 23 son importadores, entre eles compradores de varios países con máis de 20 anos de experiencia, unha  empresa  caboverdiana que opera desde 1983 ou grandes compañías, como unha francesa con máis de 200 socios provedores e unha chinesa con máis de 30 tendas repartidas entre Hong Kong,  Shanghái e Taiwan. Os restantes, un total de 5, son compradores nacionais, correspondéndose con dous distribuidores e con tres cadeas de distribución alimentaria españolas ou con presenza no país como son  Carrefour,  Gadisa e El Corte Inglés.

Produtos gourmet, ecolóxicos e artesáns

Os compradores presentes nesta edición destacaron na súa inmensa maioría a súa preferencia en coñecer produtos  gourmet, ecolóxicos e de pequenos produtores. Xa de forma máis específica, aínda que hai gran interese por gran diversidade de produtos, destacan os aceites, viños e outras bebidas alcohólicas, queixos e outros lácteos, conservas, elaborados cárnicos,  snacks ou mel.

Ademais de participar nas reunións, os compradores visitarán slgúns stands, entre eles o da  Axencia  Galega de  Calidade Alimentaria (AGACAL), no que coñecerán e degustarán produtos galegos.

Estes Encontros Internacionais de Compradores de Salimat Abanca 2022, os cales contan co apoio do Instituto  Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a colaboración do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), posibilitarán ás empresas presentar directamente os seus produtos aos compradores a través de reunións  axendadas en función dos intereses de ambas as partes. Estas serán durante todo o primeiro día e ata o medio día da segunda xornada do certame.

Convértense así nunha eficaz ferramenta comercial, especialmente para a pequena e mediana empresa, a cal ten a posibilidade de que as súas propostas sexan incluídas na carteira de produtos dos compradores e os lineais da gran distribución.

Visitas a empresas

 Ademais das reunións de negocio, os Encontros Internacionais de Compradores incluirán o día anterior, 1 de xuño, unha actividade na que participarán a maioría de importadores e distribuidores. Esta consistirá en visitas a varias empresas galegas de diversos sectores, ademais dunha degustación na adega Vía Romana, da denominación de orixe Ribeira Sacra, onde probarán tanto os seus viños como produtos da empresa de elaboración de cárnicos Torre de Núñez.