Warning: Declaration of ElementorPro\Modules\Payments\Classes\Payment_Button::render_button($tag = 'a') should be compatible with Elementor\Widget_Button::render_button(Elementor\Widget_Base $instance = NULL) in /home/s08aa0d9/public_html/salimat.es/2022/wp-content/plugins/elementor-pro/modules/payments/classes/payment-button.php on line 16
O salón de alimentación Salimat Abanca promociona xa a súa 25ª edición, que será do 2 ao 5 de xuño de 2022 - Feria Salimat Abanca 2022

O salón de alimentación Salimat Abanca promociona xa a súa 25ª edición, que será do 2 ao 5 de xuño de 2022

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
  • O CERTAME CONTA ESTES DÍAS CUN STAND NO SALÓN GOURMETS, O CAL SE CELEBRA DENDE HOXE ATA O VINDEIRO XOVES 21 DE OUTUBRO EN MADRID
  • ESTA CITA, QUE TERÁ LUGAR NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA, VOLVERÁ CONVERTERSE NUN PUNTO DE ENCONTRO DO SECTOR

O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, promociona estes días a súa 25ª edición, a cal terá lugar do 2 ao 5 de xuño de 2022 xunto á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Así, para esta nova cita, o certame conta cun stand no 34º Salón Gourmets, un encontro de profesionais nacionais e internacionais do sector gastronómico, restauración, hostalería, distribución, cátering e comercio especializado, que ten lugar desde hoxe ata o vindeiro xoves 21 de outubro en Madrid. Ademais desta presenza con stand, no certame tamén está presente un equipo comercial da Feira Internacional de Galicia ABANCA, encabezado polo seu director, Ricardo Durán. Durante estes días realizarán visitas a moitos dos expositores presentes en Gourmets, para darlles a coñecer as vantaxes de formar parte de la próxima edición de Salimat Abanca.

Punto de encontro alimentario

Salimat Abanca volverá converterse en 2022 en espacio de converxencia do sector alimentario e gastronómico a través dunha atractiva exposición e unha ampla programación na que destacarán os Encontros Internacionais de Compradores, ademais de showcookings, catas, presentacións e o seu espazo de innovación Alinova.