Warning: Declaration of ElementorPro\Modules\Payments\Classes\Payment_Button::render_button($tag = 'a') should be compatible with Elementor\Widget_Button::render_button(Elementor\Widget_Base $instance = NULL) in /home/s08aa0d9/public_html/salimat.es/2022/wp-content/plugins/elementor-pro/modules/payments/classes/payment-button.php on line 16
O salón Salimat Abanca 2022 continúa a súa promoción en eventos do sector participando en Alimentaria - Feria Salimat Abanca 2022

O salón Salimat Abanca 2022 continúa a súa promoción en eventos do sector participando en Alimentaria

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
  • ESTÁ PRESENTE CUN STAND NESTA CITA INTERNACIONAL, A CAL SE CELEBRA DENDE ONTE ATA O XOVES EN BARCELONA
  • A PARTICIPACIÓN EN FEIRAS TENSE CONVERTIDO NUNHA FERRAMENTA ESENCIAL PARA SUMAR EXPOSITORES NESTE CERTAME

A Feira Internacional de Galicia ABANCA continúa promocionando o seu Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, en citas do sector. Así, estes días faio no certame Alimentaria, o cal se celebra desde onte ata o vindeiro xoves día 7 de abril en Barcelona.

A entidade feiral conta cun stand neste evento internacional de referencia para todos os profesionais da industria da alimentación, bebidas e food service. Neste espazo está a darse a coñecer a 25ª edición de Salimat Abanca, a cal volverá converterse en espazo de converxencia do sector alimentario e gastronómico a través dunha atractiva exposición e unha ampla programación na que destacarán os Encontros Internacionais de Compradores, ademais de showcookings, catas, presentacións e o seu espazo de innovación Alinova. Celebrarase do 2 ao 5 de xuño no marco da 44ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

En Alimentaria está presente un equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA encabezado polo seu director, Ricardo Durán, o cal non só atende aos visitantes que acoden a Alimentaria, senón que está a realizar visitas a moitos dos expositores presentes para darlles a coñecer a próxima edición deste salón.

Máis do 50% dos seus novos expositores, do traballo en feiras

A Feira Internacional de Galicia ABANCA, coñecedora da efectividade da participación en certames pola súa condición de entidade feiral, recomenda esta ferramenta de promoción aos seus clientes, pero tamén lle concedeu nos últimos anos gran valor para sumar expositores nas súas propias feiras.

Así, o esforzo que realiza a entidade para estar presente en eventos, tanto a través de visitas como de participación con stand, demostrou unha gran eficacia, sendo esencial no crecemento das feiras do recinto e unha das principais fontes de expositores. Respecto a Salimat Abanca, dende 2013 ata 2019 (último ano previo á pandemia) o salón duplicou os seus expositores directos. Deste crecemento do 100% destaca que máis da metade destes novos expositores procede dos contactos e o labor comercial realizado noutras feiras do sector.